Volver
Mada Alderete
AL Margen

 

 

 

 

Olga Novo

OS LIQUIDOS INTIMOS

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas,
cando xa no se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños da cabras
que non se dirixen a ningunha parte,
sóbenme as paredes desde as que te vexo,.
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto des teu violíns faime chorar terriblemente.
e case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que facía a miña mai cando era nena.
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.


de Nós nus

Al inicio de la página

 


ANTES A VIDA

Coma se as pupilas con areas de sal e de lixivia.
Se che amence e che din este sol recortado dos teatros de ópera oh titiriteiros, vendedores de trapos exhaustos, de restos de comida, quincalla dos últimos suburbios, alcol que disemina arañas pola gorxa, iluminados nos bancos dos parques, intelixencia entregada ós tiros e á carcoma. Velaí.
Pero con iso se soldaban os ósos ós vinte anos.
No Templo comérciase co teu amor.
- Cámbioche un poema por un cromo de xogador de fútbol.
Un poema con rima por unhas gafas de sol.
Un poema de alexandrinos por ese colar de mentira.
No Templo comérciase co teu amor.
Pero antes a vida
Antes a vida a folga do meu nome a manifestación en alto
do primeriro momento dos amantes.
Antes ella cá estraña distancia interposta
entre tódalas mentiras e o meu clítoris.
Antes a vida.
E mesmo cando semella que, antes a vida, antes o destrozo
da muller que frega os pratos no centro do teu corazón.
Antes Antes o teu violín que descende ó prazer dos teus beizos un dia
a extremidade dos concertos sobre o frío de Laponia.
Antes a vida.
Aínda sabendo que trocarían os versos con trece moedas.
Que con cada unha delas fabricarían mitos para salvar a patria.
Antes a vida Para contemplar contigo esta última noite Antes
que o meu pai escoite o ventre dos seus animais respirándolle
dentro. A aldea minúscula que se me cae a cachos por dentro
dos abrazos, Antes a vida.
Que está o meu avó queimando igrexas no centro do meu útero.
Por iso antes levaremos a cabo a experiencia do amor nas cunetas,
antes ella, o estremecemento de terras nos orxías, tan só
inundar a praza pública con seme que deixas neste verso,
Ou tan só pechar os ollos sobre a tormenta adorable que ten por
nome a túa man.
Antes ella cos seus fusís de fame no terceiro mundo do seu cancro
de ovarios. Antes ella. Choverá sobre nós sobre os cavalos
da miña memoria sobre as tellas da nosa historia sen casa,
sobre a vulva da muller que violaron cando poñían flores na
tumba do meu libro de versos.
Antes a vida como a miña mae derramando mapoulas en xaneiro ou
simplemente coma min dentro dela desgarrándolle placentas
en xaneiro.
E como todo fui dito xa,
Antes a vida.

publicado en la antología Milenio, ultimísima poesía española, de Basilio Rogríguez Cañada,

 

Al inicio de la página